miércoles, 5 de diciembre de 2012

O NADAL

Feliz nadal a tod@s!! Aquí tedes unhas cantigas propias destas datas para que as disfrutedes.

viernes, 23 de noviembre de 2012

AS SÍLABAS

Neste curso estamos aprendendo a clasificar as palabras segundo o seu número de sílabas (monosílabas, bisílabas...)Para facelo máis sinxelo cantamos esta canción que nos gustou moitísimo.

PERSOAS SEN FOGAR

Hoxe os/as alumnos/as de atención educativa de 2ºB traballamos unha das noticias que aparece no periódico Faro de Vigo, sobre as persoas sen fogar. Limos a noticia na pantalla da aula e logo fixemos actividades relacionadas con ela.Esta canción forma parte dun disco que se editou con motivo desta causa.


jueves, 22 de noviembre de 2012

MASCOTAS BIBLIOTECA


Pinchade sobre esta imaxe para acceder ao blog.
Recordade visitar o blog da biblioteca (pingaapinga.blogspot.com). Xa están colgadas as fotos das dúas mascotas finalistas para poder votar. Tamén podedes ver todos os debuxos participantes neste concurso.Moitas grazas a tod@s por participar!!!!



VÍDEO SOBRE OS ÓSOS

Hoxe comezamos traballar o tema dos ósos, ao inicio da sesión visionamos este vídeo como introducción as actividades que fixemos despois. Aquí o podedes ver sempre que vos apeteza.Animádevos!!!!

martes, 20 de noviembre de 2012

TITIRICIRCUS

Onte asistimos a unha actuación de títeres en Vigo  moi divertida. Antes de entrar ao teatro, como non chovía, merendamos na praza de Compostela.